O Traballo Social: definición e perfil
A Definición de traballo social caracterízanos, unifícanos a nivel mundial e diferéncianos doutras profesións e grupos que teñen obxectivos similares.

O Comité Executivo da Federación Internacional de Traballadores Sociais e a Xunta da Asociación Internacional de Escolas de Traballo Social, tras un período longo de revisión, presentaron aos membros de ambas as organizacións na súa respectivas Asemblea/Xunta a definición global do Traballo Social consensuada en Melbourne en xullo de 2014. Na súa revisión participaron numerosas organizacións membros e traballadores sociais de todo o mundo, que formaron parte deste extenso proceso, entre os que participaron o Consello Xeral e os Colexios Oficiais de Traballo Social de España.

Esta nova definición pon fin á adoptada no ano 2000 e que foi a utilizada até o momento. Esta definición puxo de relevo o compromiso da profesión coa xustiza social e os dereitos humanos, e actuou como un impulso para moitos traballadores sociais. Desde a súa adopción, con todo, tamén foi obxecto de numerosas críticas. Por iso, con esta nova definición tentouse pór fin a esas críticas e adaptala á situación actual do Traballo Social no mundo, así como ampliala a nivel nacional e/ou rexional.

“O traballo social é unha profesión baseada na práctica e unha disciplina académica que promove o cambio e o desenvolvemento social, a cohesión social, e o fortalecemento e a liberación das persoas. Os principios da xustiza social, os dereitos humanos, a responsabilidade colectiva e o respecto á diversidade son fundamentais para o traballo social. Apoiada polas teorías do traballo social, as ciencias sociais, as humanidades e os coñecementos indíxenas, o traballo social involucra ás persoas e as estruturas para facer fronte a desafíos da vida e aumentar o benestar”

PERFIL

O perfil profesional dunha profesión é a descrición de competencias e capacidades requiridas para o desempeño dunha ocupación, así como as súas condicións de desenvolvemento profesional. Está composto pola declaración da competencia xeral, a descrición de unidades de competencia, as realizacións profesionais e os criterios de realización ou execución, independentemente da área profesional e/ou ámbito de desempeño no que desenvolva as súas funcións.

Para o desenvolvemento do perfil profesional do traballador social tomouse como referencia a metodoloxía utilizada polo MEC para a elaboración do Catálogo de Títulos Profesionais. Esta metodoloxía baséase na análise das cualificacións requiridas para cada perfil, utilizando métodos cualitativos de recollida e procesamento da información proporcionada polos axentes sociais, especialistas e técnicos.

Esta mañá foi especial no COTSG! Temos nova Xunta de Goberno! Accede á nova máis ao programa aquí 👉… https://t.co/BKYbv527i9
🤝🗣️‼️O volume actual de traballo máis a falta de persoal, fan que a pedra clave da nosa profesión, a… https://t.co/sAcg2yINX7
👏👏👏Vén de publicarse a Consulta previa ao anteproxecto de lei de servizos sociais a proposta do Ministerio de Derei… https://t.co/UGVZveQefx
Vimos de denunciar esta situación no proceso de #oposicion en #SantiagodeCompostela, na que non se dan alternativa… https://t.co/6dhhX2bJwq
Lembrade que aínda están dispoñibles os códigos desconto para poder asistir ao Congreso Estatal de #TraballoSocialhttps://t.co/FXYv822X4m
Para comezar o ano actualizando a nosa #formacion en #traballosocial, aquí traemos este novo curso online!! Podes… https://t.co/blJX2Ig9hS
Vamos a polo 2022, acompañámoste! #Feliz2022 #traballosocial https://t.co/c7Uk6fIObr
Máis lecturas interesantes para estes días, moito ollo! 😉 https://t.co/WIwcGj93vA
E para máis lecturas interesantes: https://t.co/jTQvcc4uaq
Xa tedes un novo número dispoñible da revista @RevistaRTS para leer nestes días festivos 👇👇👀 https://t.co/20cn2qE761