¿Como colexiarse?

REQUISITOS

A incorporación ao Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia esixirá, polo menos, a existencia conxunta dos seguintes requisitos:

- Ser maior de idade.

- Presentar a correspondente solicitude dirixida á Presidencia da Xunta de Goberno do colexio, achegando o título profesional ou o certificado académico de finalización dos estudos correspondentes, e o recibo acreditativo de ter satisfeitos os dereitos de expedición do título. Os/as profesionais co título de traballador/a social expedido por outros estados membros da Unión Europea deberán achegar, ademais do respectivo título académico, a correspondente resolución de recoñecemento deste para o exercicio da profesión en España. Nos casos de títulos expedidos por países non-membros da Unión Europea, xuntarán o preceptivo título de validación dos seus estudos de diplomado ou diplomada en traballo social.

- Satisfacer a cota de inscrición que determine o colexio oficial. No caso de que a persoa solicitante xa estivese inscrito noutro Colexio de Diplomados en Traballo Social e Asistentes Sociais, será suficiente que achegue certificación acreditativa deste último.

- A adquisición da condición de persoa colexiada farase efectiva mediante a correspondente resolución expresa do colexio oficial.

DOCUMENTACION NECESARIA

- Dúas fotografías tamaño carné (18 x 24 mm.)
– Fotocopia do DNI / NIE / Pasaporte
– Fotocopia compulsada do título profesional de Traballo Social ou fotocopia compulsada da solicitude de expedición do mesmo.
– Certificado de demanda de emprego do Servizo Galego de Colocación.
– Fotocopia ou documento bancario onde aparezan os vinte díxitos da conta onde se desexe domiciliar o pago das cotas anuais.
– Xustificante de ter realizado o ingreso da matricula de inscrición, mediante abono en efectivo, transferencia bancaria, pago mediante TPV, ou ingreso na conta de ABANCA co seguinte IBAN:

IBAN FORMATO IMPRESO: IBAN ES26 2080 5195 8830 4000 6153
IBAN FORMATO ELECTRÓNICO: ES2620805195883040006153

Os importes calcúlanse en función da situación laboral e do tempo transcorrido dende o remate dos estudos ata o momento da colexiación:

MATRICULA DESEMPREGO ACTIVO
Menos de 2 anos 22,00 € 30,00 €
Máis de 2 anos 44,00 € 60,20 €
Cota anual
O importe da cota colexial anual establecese en función da situación laboral (persoas colexiadas en desemprego e persoas colexiadas en activo).
As cotas a aboar no exercicio 2018 figuran na táboa seguinte:

T.S. Desemprego T.S. en Activo
COTA ANUAL 75,00 € 150,00 €

 

  1. As e os profesionais que previamente estiveran colexiadas e desexen retomar de novo a colexiación, non será preciso abonar a contía da matricula, mantendo o mesmo número de colexiación.
  1. As e os profesionais en situación laboral activa sen exercer como Traballadora ou traballador social, deberán abonar a matricula en activo e cota como desempregada/o.
  1. As cotas poderán ser fraccionadas de xeito anual ou semestral. As cotas anuais serán cobradas no mes de xuño; as cotas semestrais serán cobradas nos meses de xuño e decembro do ano en curso.
  1. As cotas serán proporcionais aos meses que correspondan segundo a data de colexiación.

 

*Cota reducida por pago anticipado: as persoas que decidan anticiparse ao pago no mes de pagan 145€ en activo e 72,50€ en desemprego

No importe da cota vai incluída a cota destinada ao Consejo General de  Trabajo Social.

 

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN PARA A COLEXIACIÓN: INSCRICIÓN EN LIÑA (Encher e imprimir) >>

ORDE DE DOMICILIACIÓN: (Documento formato Word DOC)  (Documento formato Acrobat PDF)

SOLICITUDE DE BAIXA COLEXIAL: Descargar impreso.

 

Traemos un artigo do n. 23 da Revista Galega de Traballo Social: Fervenzas, neste caso "A #etica e o… https://t.co/fdADvvpOiF
#diainternacionalcontraatrata: A industria da #escravitude (comúnmente coñecida como trata de seres humanos) é a s… https://t.co/nquhCmot89
Novo #webinar no #cotsg!! Toda a información e acceso a inscrición aquí: https://t.co/3Hg4gc0Zz3 https://t.co/ZuVG8Dse6i
Hoxe é o #DiaMundialdoAlzheimer. Hai máis de 5,000.000 de persoas que a padecen entre pacientes e familiares. De… https://t.co/gye4j41oAM
Queremos transmitir o noso apoio tanto a Anpa como ao Colexio Público de Educación Especial Saladino Cortizo.Desde… https://t.co/WOuuiW7gw0
♀️♂️Hoxe é o Día Internacional da #IgualdadeSalarial. O #salario dunha muller é, de media, 5.252,36 euros menor que… https://t.co/Sr4JlnmXId
Desde o COTSG queremos mostrar a nosa absoluta repulsa ante este novo crime de #ViolenciaMachista . Temos que segui… https://t.co/AnJZetYkrQ
Continuamos coa #formacion do COTSG: #Supervisión profesional: un dispositivo para a calidade da intervención e o a… https://t.co/aWBKGl4wwb