Dereitos e deberes

Dereitos (art. 12º dos Estatutos do COTSG)
a) Exercer a profesión con plena liberdade, dentro do marco xurídico, deontolóxico e estatutario.
b) Participar na xestión corporativa e, polo tanto, exercer o dereito de petición, o de voto e o de acceso aos postos e cargos directivos, a través dos procedementos e cos requisitos estatutariamente establecidos.
c) Pedir e obter do colexio a asistencia e protección que poida necesitar para o correcto exercicio profesional, así como cando considere lesionados e lesionadas os dereitos profesionais ou colexiais.
d) Participar, dentro do respecto ás demais persoas colexiadas, do uso e proveito dos bens e servizos do colexio nas condicións regulamentariamente establecidas.
e) Ser informado da actuación profesional e social do colexio mediante boletíns, guías, anuarios e outras publicacións.
f) Beneficiarse das actividades e servizos común de interese para os colexiados de carácter profesional, formativo, cultural, asistencial e de prevención.
g) Esixir do colexio o visado dos traballos profesionais.
h) Gardar o segredo profesional, sen prexuízo das comunicacións interprofesionais dirixidas ao correcto tratamento dos casos.
i) Formular as suxestións por escrito e que estas sexan recollidas e tratadas nas reunión da Xunta de Goberno, logo da inclusión na orde do día.
j) Exercer o voto de censura.
k) Calquera outro dereito que lle sexa recoñecido nestes estatutos particulares.

Deberes (art. 13 dos Estatutos do COTSG)
a) Exercer a profesión de acordo coa ética profesional.
b) Axustar a súa actuación profesional ás esixencias legais e estatutarias da organización colexial e someterse aos acordos adoptados polos diferentes órganos colexiais.
c) Comparecer ante os órganos colexiais cando sexan chamados para iso.
d) Satisfacer as cotas e demais cargas fiscais corporativas, ordinarias ou extraordinarias, de acordo coas que sexan aprobadas en Asemblea Xeral.
e) Notificarlle ao colexio calquera acto de intrusismo profesional ou exercicio ilegal da profesión de que tivesen coñecemento.
f) Levar coa máxima lealdade as relación co colexio e cos demais colexiados.
g) Gardar o segredo profesional, sen prexuízo das comunicación interprofesionais encamiñadas ao correcto tratamento dos casos.
h) Cooperar coa Xunta de Goberno e facilitar información nos asuntos de interese profesional en que se lles solicite, así como naqueloutros que as persoas colexiadas consideren oportuno.
i) Comunicar a situación laboral, na cal se atopen.
j) Facilitarlle ao colexio os datos correctos necesarios para proceder ao cobramento da cotas de colexiación, así como os cambios que se produzan.
k) Calquera outro deber que derive do regulamento do colexio ou das prescricións xurídicas, éticas ou deontolóxicas vixentes en cada momento.

Esta mañá foi especial no COTSG! Temos nova Xunta de Goberno! Accede á nova máis ao programa aquí 👉… https://t.co/BKYbv527i9
🤝🗣️‼️O volume actual de traballo máis a falta de persoal, fan que a pedra clave da nosa profesión, a… https://t.co/sAcg2yINX7
👏👏👏Vén de publicarse a Consulta previa ao anteproxecto de lei de servizos sociais a proposta do Ministerio de Derei… https://t.co/UGVZveQefx
Vimos de denunciar esta situación no proceso de #oposicion en #SantiagodeCompostela, na que non se dan alternativa… https://t.co/6dhhX2bJwq
Lembrade que aínda están dispoñibles os códigos desconto para poder asistir ao Congreso Estatal de #TraballoSocialhttps://t.co/FXYv822X4m
Para comezar o ano actualizando a nosa #formacion en #traballosocial, aquí traemos este novo curso online!! Podes… https://t.co/blJX2Ig9hS
Vamos a polo 2022, acompañámoste! #Feliz2022 #traballosocial https://t.co/c7Uk6fIObr
Máis lecturas interesantes para estes días, moito ollo! 😉 https://t.co/WIwcGj93vA
E para máis lecturas interesantes: https://t.co/jTQvcc4uaq
Xa tedes un novo número dispoñible da revista @RevistaRTS para leer nestes días festivos 👇👇👀 https://t.co/20cn2qE761