Grupos de Traballo

“Todas as cousas son imposibles, mentres o parecen”.

Concepción Arenal

 

 

Os Grupos de Traballo son unha estructura de carácter voluntario que pretenden ser unha ferramenta activa e flexible que permita potenciar o compromiso do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) coa profesión e cos/as profesionais que representa, ao promover o estudo das necesidades deste colectivo en distintos ámbitos de traballo, introducindo novas propostas para a resolución de problemas comúns e favorecendo o desenvolvemento e ampliación de coñecementos en áreas de traballo social e servizos sociais que están menos desenvoltas.

Os grupos de traballo funcionan e se organizan en base ao Regulamento Grupos Traballo  aprobado pola Xunta de Goberno en xuño de 2020 que ten como obxectivo establecer unhas normas e uns criterios comúns para todos eles.

 

Os Grupos de Traballo cos que o COTSG conta na actualidade son os seguintes:

  • Traballo social e exercicio libre. Visibilizar novos nichos de mercado e compartir experiencias laborais no exercicio libre do traballo social a coñecer a situación laboral dos/as traballadores/as sociais que exercen por conta propia

 

  • Traballo social e SAF – Comisión SAF. Nace coa finalidade de contribuír e compartir as problemáticas máis comúns na xestión e coordinación dos Servizos de Axuda no Fogar tanto públicos como privados, traballar na creación de modelos, protocolos e ferramentas de traballo que contribúan a mellorar a xestión do servizo, realizar propostas ou modificacións para demandar ás administracións a nivel normativo e de inspección, valorar a situación laboral dos/as técnicos/as de xestión do SAF tanto a nivel de ratio como de función e crear un espazo de diálogo e reformulación do SAF de cara ao futuro.

 

  • Traballo social e SS.SS. comunitarios. Loita por garantir unha intervención social de calidade e Reivindicar as eivas atopadas no sistema básico de Servizos Sociais (ratios, salarios, convocatorias, excesiva carga burocrática, etc.)

 

  • Traballo social sanitario. Defensa da profesión sanitaria e reivindicación de prazas laborais no SERGAS.

 

  • Traballo social, familia e infancia. Naceu co obxectivo de definir o papel do traballo social en todo o relacionado coa área de Familia e Infancia, analizar a situación dos servizos de protección á infancia na Comunidade Autónoma de Galicia, explorar os nichos do traballo social nestes eidos e deseñar plans de formación de calidade.

 

  • Traballo social en educación. Recupera e visibiliza a figura do/a traballador/a social no sistema educativo.

 

  • Traballo social e feminismos. Espazo de loita e debate, onde se potencia o activismo social feminista para sensibilizar, protexer e impulsar os dereitos do colectivo feminino dentro de calquera eido da sociedade.

 

 

❗ Actualizamos información! 📣 👉 As reformas da nosa sede estenderanse ata mediados da semana próxima. ⚠ 👉 Continu… https://t.co/0EdTqpWxV4
👉 Nesta ocasión, denunciamos os graves déficits na política social, caracterizada pola ausencia de procedementos, p… https://t.co/7HjrTz8WO8
A ausencia dunha política clara de protección á infancia en Galicia tradúcese na inexistencia de políticas favorece… https://t.co/v2urRphwCQ
Coa entrada en vigor a fins deste mes da Lei Orgánica de Protección á Infancia e á Adolescencia, dende a Comisión d… https://t.co/JX2iC9UkaE
Necesitas mellorar as túas #competencias en #ferramentasdixitais? Consulta esta #pílulaCOTSG de balde para mellorar… https://t.co/RsfZNyCDcI
Queres capacitarte para o #traballosocial con grupos, unha das competencias que seguro necesitarás no teu desempeño… https://t.co/ZPeX5VM6mr
Neste #DíaMundialdoMedioAmbiente sinalamos que é tempo para un #TraballoSocialVerde. O #TraballoSocial debe ser un… https://t.co/G4u2XNE5cN
Renovamos coa @Xunta o convenio da Quenda de Garda Social Permamente para mulleres vítimas da #violenciamachista 👉P… https://t.co/nnex8Gg8Ma
#ATuaPalabraSocialImporta 👉Queres colaborar co vindeiro número da Revista Galega de #TraballoSocial Fervenzas? O pr… https://t.co/tPO8aSYqD6
Últimas horas para inscribirte no #cursoCOTSG 'Mellora das competencias profesionais a través da abordaxe humanista… https://t.co/oSgDKBaXUy
👉Estás a valorar a alternativa do exercicio libre en #TraballoSocial? 👉 No Grupo de Traballo Social e Exercicio Lib… https://t.co/LGlpHmUSiY
Solicitámoslle á @Xunta que se teña en conta a figura do/a traballador/a social sanitario/a nas Comisións de garant… https://t.co/nRltwktTsO
👉 A #intelixenciaemocional é unha necesidade profesional no #TraballoSocial . 👉 Este #cursoCOTSG 'Intelixencia Emoc… https://t.co/7oY7nUvgT9
(1) O @InstMujeres reactivou o servizo de información e atención sobre os dereitos das mulleres. 🙍‍♀‍ 👉 Informa so… https://t.co/oiRjXZYgpp
Queres mellorar a túa práctica profesional con ferramentas #online como #zoom, #trello ou #google que che axudarán… https://t.co/ji9pzidx22
A partir do minuto 5.20 podedes escoitar á nosa compañeira Emma Lamas en relación coa reclamación que facemos á Xun… https://t.co/lPSljhtklY