Formación

A Entrevista en Traballo Social – Semipresencial

Descrición

O itinerario formativo que se presenta, pretende xerar un espazo para afondar, reflexionar, intercambiar, debater e teorizar sobre a realidade social e o quefacer diario dos e das traballadoras sociais, centrándose na ampliación de coñecementos directamente relacionados coas metodoloxías, técnicas e instrumentos que son inherentes, e que dotan de rigor á disciplina do Traballo Social. No primeiro módulo abordaranse os diferentes métodos en traballo social, así como as fases do proceso utilizadas para adquisición de coñecementos de carácter científico na profesión, a través dos cales, os e as profesionais do traballo social buscan cumprir con un dos fins da profesión: promover e acadar unha transformación persoal e social positiva. No módulo II, pretendese dar resposta a necesidade de coñecer e repensar sobre as gafas de ver que empregamos día a día como profesionais do traballo social. Para isto, as persoas participantes poderán achegarse dende a teoría e a praxe, que sempre deben de ir unidas, aos diferentes modelos que se aplican ou deberían aplicarse na intervención dende o traballo social. En definitiva, afondar na seguinte cuestión: cal é o meu paradigma de traballo, o mapa que guía o camiño da miña intervención. Posteriormente, nos módulos III e IV, se impartirán coñecementos actualizados relacionados con técnicas comunicativas e de interrelación, inherentes á profesión do traballo social: a entrevista e a visita no fogar. No módulo V, ampliaranse coñecementos, e realizaranse reflexións entorno o ditame técnico, específico e exclusivo, dos e das profesionais do traballo social: o informe social. Seguidamente, no bloque V, abordarase unha parte esencial e fundamental do informe social: o diagnóstico social. O módulo VII, pretende dar resposta a necesidade de adquirir maiores competencias e destrezas, no deseño, execución, e avaliación de plans de intervención integrais e personalizados, que fomenten a participación activa das persoas, así como as súas capacidades e potencialidades. O itinerario formativo finalizará cun módulo especifico relacionado coas ferramentas e aplicacións informáticas de interese para os e as profesionais do traballo social, que doten de competencias nos eidos non só da intervención, senón tamén no tocante a investigación e as redes de información e comunicación. O curso será de carácter teórico-práctico, tendo as persoas interesadas a posibilidade de realizado de xeito completo ou por módulos.

Ficha técnica

Categoría Curso
Data de inicio 31/07/2017
Data de finalización 31/07/2017
Data límite de inscrición 26/04/2016
Prezo de inscrición Colexiados: 89.00 €
Non colexiados: 109.00 €
Prezo reducido: 0.00 €
Número de prazas 99
Exclusivo para colexiados Non

Extras

Persoas Colexiadas en desemprego 79.00 €

Documentación

Cartel do Curso Descargar

O prazo para apuntarse a esta actividade xa rematou

Volver

👋💌📖 Dende o COTSG convidámoste a #presentación do #Libro "La dimensión terapéutica del Trabajo Social" escrito por… https://t.co/2dYoSEr6SC
Onte o noso secretario, Antonio Doval Canabal, recolleu a Medalla de Ouro do @concellodelugo como recoñecemento a… https://t.co/pJ82LXBJhe
Rede Ética e Deontolóxica Profesional do #TraballoSocial ( R.E.D TS) 👇👇😉 https://t.co/Dwhmx7IB9D
O COTSG convídavos A proxección do #documental: A #vivenda, un ben social? Será no Salón de actos da Deputación de… https://t.co/DZojGM7gSh
Levamos días falando das consecuencias das #ViolenciasMachistas e da importancia do #TraballoSocialFeminista como p… https://t.co/HmGJtffXTG
O COTSG reuniuse coa Secretaria Xeral Técnica e co Subdirector Xeral de #dependencia e valoración da #discapacidadehttps://t.co/VgTGE6GZUL
Hoxe vémonos en Instagram 👇👇👇https://t.co/oLGQpZY7W6 https://t.co/dW4rXPkCiV
O #acososexual reiterado tamén denominado #stalking caracterízase por miradas insistentes ou lascivas, contacto fís… https://t.co/f3BRiPNGde
Nerea Fernández, a nosa coordinadora, fala sobre a importancia da #Quenda de Garda Social Permamente para mulleres… https://t.co/eKRlGpVrjU
Vémonos mañá no Instagram do COTSG! #TraballoSocial #Feminista contra as #ViolenciasMachistashttps://t.co/RdUIi8vzdI
‼️A #violenciasexual multiplica por 6 o risco de ter pensamentos de #suicidio. Un 27,7% das #mulleres que sufriron… https://t.co/HsgXZspW2N
As e os profesionais do #TraballoSocial somos axentes de cambio. A nosa tarefa non é só capacitar á persoa e axudal… https://t.co/doqqoKBRRc
💜Continuamos coa iniciativa levada a cabo polo Grupo de #TraballoSocial e #Feminismos: As SemenTeiraS. 💜🔍A decons… https://t.co/SkI0QJ3Z6a